Tinguidura de hematoxilina-eosina

Preparación de retina tinguida con hematoxilina e eosina, cos núcleos coloreados de púrpura azulada e o material extracelular de rosa.

A tinguidura[1] de hematoxilina-eosina ou coloración[2] de hematoxilina-eosina (a miúdo abreviado como tinguidura HE) é unha das principais tinguiduras usadas en histoloxía.[3][4][5] É tamén unha das tinguiduras máis amplamente utilizadas na diagnose médica,[3] considerada un procedemento básico en moitas probas.[6] Por exemplo, cando os patólogos teñen que examinar unha biopsia dun caso sospeitoso de cancro, a preparción adoita ser tinguida con esta técnica.

A tinguidura HE é a combinación de dúas tinguiduras histolóxicas: hematoxilina e eosina. A hematoxilina tingue os núcleos das células de azul e a eosina tingue o citoplasma e a matriz extracelular de rosa, mentres que outras estruturas adquiren distintos tons, e combinacións destas cores.[7][8] A tinguidura pon en evidencia as partes xerais da célula e a distribución de células nun tecido e proporciona un panorama xeral da estrutura dunha mostra de tecidos.[9] Por tanto, os patólogos poden diferenciar doadamente o núcleo e o citoplasma celulares.

Esta combinación de tinguiduras foi introducida en 1876 por A. Wissowzsky.[10][9]

  1. BUSCatermos tinguidura
  2. Definición de coloración no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. 3,0 3,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Titford, 2005
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Smith, 2006
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Dapson and Horobin, 2009
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Rosai, 2007
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Chan, 2014
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Bancroft and Stevens, 1982
  9. 9,0 9,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Wittekind, 2003
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Titford, 2009

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy